A protesta está organizada por varios colectivos coma Verdegaia, Amarante, Altermundo, Caleidoskopio e GAS.
Esta quinta feira ás 18:00 horas, diante da sede do PSdeG en Vigo vaise desenvolver a primeira Xornada Internacional dedicada ás vítimas do paramilitarismo e contra os crimes de Estado de Colombia.
Organizada por Verdegaia, Amarante, Altermundo, Caleidoskopio e GAS (colectivos moitos deles da cidade de Vigo, mais tamén de toda Galiza), a xornada quere funcionar como acto de censura á política exterior do goberno español, que é, segundo os organizadores, "permisivo coas violacións dos Dereitos Humanos do goberno colombiano".