Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
POR 'VENTOS', PUBLICADO EN 'LA REGIÓN'

Santiago Lamas gaña o Fernández del Riego de xornalismo

Andrés Trapiello levou o premio Julio Camba por un artigo en 'La Vanguardia'.

Redacción - 11:35 04/03/2008

Aínda que só vai pola súa quinta edición (polas 29 que se levan convocado do seu equivalente en castelán: o Julio Camba) o Premio Francisco Fernández del Riego para artigos xornalísticos en galego vaise consolidando. Nesta ocasión o xurado, presidido por Alfredo Conde e no que tamén estaban Víctor Fernández Freixanes, Manuel Fernández Areal e Xosé Carlos Valle Pérez, decidiu por unanimidade que o gañador sexa Santiago Lamas Crego, polo artigo Ventos, publicado o 18 de decembro en La Región.

Lamas Crego é xefe do Servicio de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Ourense. Ten publicado varios libros, entre os que destaca o ensaio Galicia Borrosa, un ensaio borroso (Ediciós do Castro, 2004), un interesante estudo sobre a borrosidade galega, aprezábel dende a retranca até o urbanismo. Ou o máis recente Ferrín e outras historias (Ediciós do Castro, 2007), no que trata diversos temas, coma o suicidio (a partir da obra do escritor ourensán, de aí o título), o Corto Maltés, ou as personalidades múltiples.

O premio, convocado por Caixanova, entregarase en maio, e está dotado con doce mil euros, ao igual que o Julio Camba para ertigos xornalísticos en castelán, que nesta ocasión foi para Andrés Trapiello polo texto Una violeta de España, publicado en La Vanguardia.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: