A suba no número total de desempregados (0,41%) é sensibelmente menor ca no resto do Estado (2,46%)
O mes de febreiro deixou 666 novos parados nas oficinas de desemprego galegas. Os novos datos elevan a 161.828 o número de parados no país. Un 0,41% máis ca no mes de xaneiro. A suba é notabelmente menor cá media estatal (2,46%). Segundo as estatísticas oficiais, no conxunto do Estado Español hai 53.406 parados máis, o que eleva os datos finais até os 2.315.331 desempregados.
No que respecta a Galiza, as diferenzas entre homes e mulleres segue a ser unha constante. En febreiro figuraban 61.370 galegos como demandantes de emprego por 100.458 galegas. Por tramos de idades, hai 16.305 demandantes menores de 25 anos.