Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CALENDARIO DA EXTINCIÓN

As tecnoloxías e os costumes xa teñen data de caducidade

O 'gurú' das tecnoloxías Ross Dawson fai a súa predición para as próximas cinco décadas.

Redacción - 12:00 03/03/2008

Ross Dawson é o autor da Extinction Timeline (calendario da extinción), que marca as datas de desaparición definitiva de persoas, obxectos e conceptos entre 1950 e 2050. Aínda que facer predicións semella moi atrevido, se se mira atrás pódese comprobar como deixaron de existir realidades que parecían eternas e inamovíbeis: na última década, sen ir máis lonxe, Plutón, o Concorde, as Polaroid ou, segundo o autor, a inocencia.

Os próximos valores que se prevé que desaparezan son, inminentemente, a escritura de cartas, George Bush, as tendas de reparación e as cabinas telefónicas. Para a próxima década, extinguiranse, sempre segundo esta liña temporal, a xubilación, o DVD, as Blackberry, o correo electrónico, o fax e a posibilidade de se perder. A partir do 2020 deixarán de existir Taiwan e o copyright, os blogs, a ortografía, Paris Hilton e as fins de semana libres.

Haberá que agardar ao 2030 para que desaparezan os realities televisivos, as moedas, o petróleo, Microsoft, os glaciares, a Unión Europea e, unha década despois, as gravatas. Xa case no 2050 deixarán de existir Google, os xornais en papel e Cher. Despois da segunda metade do século XXI, xa sen data concreta, desaparecerán a fealdade, a dor, a cirurxía estética, os estados nacionais e, finalmente, a morte. Porén, o autor recoñece que estas datas "non se deben tomar en serio".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: