O Departamento de Interior Vasco sinala que son Oroitz Aldekoa e Agurne Salterain.
O departamento de Interior do Goberno vasco informou este domingo da detención de dous presuntos membros de ETA, Oroitz Aldekoa e Agurne Salterain, incluídos xunto con de outros tres integrantes da banda na lista dos membros de ETA máis buscados, que difundiu esta semana a Garda Civil.
Segundo a nota facilitada por Interior, o operativo policial aínda permanece aberto. A operación tivo lugar días despois de que ETA atentara presuntamente contra a sede do PSE-EE na localidade biscaíña de Derio, sen que se producise ningún ferido.