As imaxes da Nasa revelan unha superficie abrupta do satélite
Esta imaxe do Polo Sur da Lúa tomada pola NASA co potente radar Goldstone (California) é a máis precisa obtida ata o de agora. Revela unha paisaxe máis accidentada do que imaxinaban os expertos, con cumios superiores a 6.000 metros e cráteres que poden acadar unha profundidade de 4.000 metros.
Suponse que oculta importantes cantidades de xeo, o Polo Sur lunar é un sitio de alunizaxe ideal segundo a axencia espacial americana, o xeo pode ser licuado ou transformado en hidróxeno e en osíxeno utilizables como combustible.
A NASA conta coa futura misión LRO, cuxo lanzamento está previsto para finais de 2008, para definir lugares que poderían permitir a un futuro robot ou unidades de exploración pousarse sobre a superficie con toda a seguridade.