O atletismo galego quere lembrarse dun dos seus principais atletas antes da súa despedida.
O atletismo galego está unido forzas para que Alejandro Gómez Cabral teña a súa merecida homenaxe antes de se retirar.
Andan aínda reunido cartos, pero a idea é facer unha carreira popular na que participen moitas figuras deste deporte. A carreira tentaría consolidarse e, levando o nome do atleta, converterse nunha cita importante nos circuítos do atletismo galego e mesmo estatal.
O galego tres veces olímpico
O atleta vigués Alejandro Gómez é o máis laureado do fondo galego nas últimas décadas. Segue en activo, con licenza do clube Celta, aínda que este ano non participou en ningunha carreira. Nacido en Zamáns en 1967, Gómez sufriu varias lesións derivadas dun accidente de tráfico hai dous anos.
A pesares de non ter pisado as pistas este ano, o atleta aínda ten no seu poder os 5 triunfos seguidos no cross galego (vaille case á par o santiagués Pedro Nimo, que aínda ten só catro); foi olímpico en Seúl, Barcelona e Atlanta e participou noutras moitas citas internacionais. Destacou, sobre todo, por gañar un subcampionato de Europa de cross, en 1995.