O voceiro parlamentario do PSdeG acompañou a Touriño até o mesmo escenario do debate.
Ismael Rego (dereita) con Ricardo Varela, entrando ao debate / Foto: César Galdo
Para Rego o debate deste mércores "tivo altura e quedou moi claro que hai dúas visións de Galiza e no caso da do PPdeG volveu ser catastrofista". O voceiro dos socialistas cre que o secretario xeral do seu partido foi quen de "expoñer con claridade o diagnóstico do país e que puxo enriba da mesa "a necesidade de consolidar os avances e as vantaxes de catro anos máis de goberno Zapatero".
Ismael rego tamén sinalou que "se viu claramente que hai unha maioría no Goberno e que temos unha estrutura de país, dentro das lóxicas diferenzas. Os dous partidos (en referencia ao PSdeG e BNG) sabemos que non interesa un goberno do PP".