Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
Unha das 'promesas' do partido en Toledo

Expulsan un candidato do PP en Talavera de la Reina por matar gatos

O mozo acababa coa vida dos animais e, posteriormente, fotografábase cos cadáveres, xunto cos seus amigos.

Redacción - 19:00 27/02/2008

Un dos integrantes da listaxe do PP nas pasadas Municipais en Talavera de la Reina (Toledo), Jaime Ferrero, foi fotografado varias veces esfolando gatos na rúa, e após coñecerse a súa "afección", foi expulsado das Novas Xeracións do partido na provincia de Toledo.

As imaxes foron recollidas por varios blogs da cidade esta terza feira, e a ONG Amnistía Animal decidiu, ao enterarse dos feitos, denunciar ao candidato popular. O Código Penal español contempla condenas de entre tres meses e un ano para este tipo de delitos.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: