Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'ACÚSTICO FEMININO' NA CORUÑA

Mulleres, e sen enchufe

Nordestin@s, Leilía e Batuko Tabanka estarán o 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, no Teatro Rosalía, acompañadas de Abe Rábade e Lucía Aldao.

Redacción - 11:22 26/02/2008

En total serán vinte mulleres e un piano. O piano, o de Abe Rábade; elas, as compoñentes de Nordestin@s, Leilía e Batuko Tabanka. Vinte voces con distintas influencias musicais, con base na tradición todas, mais coa pegada da música caboverdiana e do Atlántico (no caso das Batuko Tabanka), ou con ligazóns con distintas escolas da música popular (en Nordestin@s). E todo en acústico, sen enchufes,

Leilía seguen a presentar o seu cuarto traballo: Son de Leilía, publicado en 2005. Pola súa banda as mulleres de Batuko Tabanka están a piques de publicar o seu primeiro disco, despois de varios anos de se facer agardar, que será editado por Pai Música. Finalmente, Nordestin@s, unha das sensacións da música galega nos últimos meses, volverán ofrecer un concerto redondo, pleno de sons oceánicos, nas voces de Guadi Galego e Ugia Pedreira.

O concerto Acústico Feminino será presentado e conducido por Lucía Aldao, que irá fiando os temas e o espectáculo, sempre enmarcado na celebración do Día da Muller Traballadora. As entradas xa poden adquirirse por internet no servizo de venda de Caixanova, con prezos que se sitúan entre os 9 e os 17 euros.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: