'Nocturna', 'Donkey Xote', 'A flor máis grande do mundo' e 'Cousas do Kuleshov' proxectaranse en Porto durante o festival.
Este luns ábrese en Porto a edición número 28 de Fantasporto, que pouco a pouco vaise consolidando no calendario de festivais. A organización espera superar nesta edición os 170.000 espectadores, que asistirán ás proxeccións que terám lugar en varios teatros e salas do Porto, nomeadamente o Rívoli e o Sá de Bandeira, ademais doutras localidade, como Braga, Aveiro, Coimbra, Viseu, Gaia, Matosinhos e Vila Real. O festival homenaxeará a Max Von Sydow e Fernando Lopes, e proxectará un total de 357 películas en 527 sesións.
O festival, que se abre hoxe oficialmente, pero en realidade comezará as súas proxeccións o martes pola mañá. Nas vindeiras dúas semanas proxectaranse en Porto un total de catro filmes galegos, entre longametraxes e curtametraxes, comezando pola premiada Nocturna, a longametraxe de animación de Filmax Donkey Xote, e as curtas A maior flor do mundo, escrita e narrada por José Saramago, e a peza experiemental Cousas do Kulechov. Estas dúas curtas proxectaranse o 5 de marzo pola tarde.
Pola súa banda, Nocturna será protagonista este martes 26, cando se poderá ver no Grande Auditório do Teatro Rivoli. No mesmo escenario, ao día seguinte, proxectarase Donkey Xote, e o venres pola noite será a quenda de A flor máis grande do mundo.