Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Pon en galego os teus aparatos

As empresas comezan a apostar pola lingua nos seus últimos trebellos electrónicos

O modo "galego" comeza a aparecer nos aparatos coas últimas tecnoloxías. Nos móbiles, mais tamén nos MP3 e MP4.

Redacción / EP - 13:00 23/02/2008

Segundo Política Lingüística, o galego vai collendo pulo na telefonía móbil, coa chegada dos novos operadores, mais tamén noutros aparellos, grazas á aposta pola lingua das empresas de novas tecnoloxías.

Hai pouco o departamento que dixire Marisol López anunciaba a sinatura dunha colaboración con Eroski Móvil, un dos operadores virtuais que proxecta sacar ao mercado móbiles na nosa lingua en chegando o verán. Tamén se falou da promoción que teñen planeada, para que os clientes que o desexen poidan mudar o seu aparato por outro con menú en galego.

Móbiles en galego
O primeiro que deu un paso a favor da lingua galego foi Alcatel, que comezou a sacar ao mercado móbiles con todas as opcións do menú en galego. O bo deste é que podías escoller o operador.

Mais agora tamén os operadores privados comezan a apostar pola lingua. De feito a empresa galega de telecomunicacións, R, xa ten anunciado o seu interese en sacar un móbil en galego antes deste verán; mais un móbil dos máis novos dos de última xeración, con vídeo, cámara, etc.

Mais tamén MP3 e MP4

A empresa galega Blu:sens xa ten dito en varias ocasións que a lingua galega foi incluída no seus produtos, "cando viron a posibilidade de incorporar máis idiomas" a algúns deles. De feito, comezaron polo galego e foron ampliando para éuscaro e o catalán, alén do castelán e do inglés.

En declaracións a Europa Press, o director de Márketing de Blu:sens, Miguel Churruca, explicou que "é difícil" cuantificar o emprego das diferentes linguas no, pero que eles han seguir nesta liña, para que o galego estea presente en cantos produtos sexa posíbel, tamén nos libros de instrucións.

Estas iniciativas das compañías súmase á da Secretaría Xeral de Política Lingüística que xa mantivo conversas cos principais operadores para promover unha maior presenza do galego nos novos aparatos electrónicos.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: