Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Fútbol

O director do Euro'08 considera "fortísima" a candidatura ibérica ao Mundial

Martin Kallen, agarda que Portugal e o Estado Español se presenten xuntos para organizar o campionato de dentro de dez anos.

Redacción - 13:25 20/02/2008
O presidente da Federación Portuguesa, Gilberto Madaíl

O presidente da Federación Portuguesa, Gilberto Madaíl

"Máis do que acertada, sería fantástica! Trátase dunha cousa case inevitábel. (...) Porque sería unha candidatura fortísima, perfectamente capaz de competir coa inglesa. (...) Porque Portugal só pouco tería que facer" no caso de saír escollido, dixo o antigo director executivo do Euro 2004 portugués e do Euro 2008 ao xornal portugués Record.

Kallen lembrou que en Portugal seguen a existir importantes infraestruturas herdadas do Europeo de 2004, así como "capital de coñecementos" en cuestións de seguridade e organización. Por outro lado Kallen tamén considerou que o Estado Español ten moita forza no seo da FIFA e de moitas das federacións representadas no Comité Executivo, cuxos membros toman a decisión final.

Sería factíbel un mundial conxunto?
O director executivo do Europeo 2008, que se vai desenvolver en Austria e Suíza, referiu tamén que a organización ibérica do Mundial sería "ben máis fácil e económica do que o Euro 2004", onde se "partiu de cero".

A idea de organizar conxuntamente o Mundial 2018 de fútbol partiu do presidente da Federação Portuguesa de Futebol (FPF), Gilberto Madaíl, e está a ser estudada pelo seu homólogo español, Ángel María Villar.

Aínda que non houbo aínda resposta do lado español, do portugués xa se opinou. De feito, hai dúas semanas o presidente da República Portuguesa, Cavaco Silva, dicía que Portugal ten "outras prioridades" e que xa lle tiña falado á FPF das súas reticencias ante a posíbel organización do Campionato do Mundo de fútbol cando era primeiro ministro.

Naquela altura a Federación Portuguesa defendeu que a eventual candidatura conxunta con España "non é un proxecto megalómano", mais, aínda así, dixo comprender as cautelas do Presidente da República.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: