Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Campionato GALEGO DE DUATLÓN DE ESTRADA

Ábrase a tempada coa rivalidade entre o Club Fluvial e o Muralla

Comezou en Teo e terminará en Lalín o vindeiro 16 de marzo. Neste tempo hanse desenvolver cinco probas puntuábeis.

Redacción - 11:50 20/02/2008

A nova tempada do Campionato Galego de Triatlón comezou a pasada fin de semana, volvendo con ela a vella rivalidade entre dous clubes lugueses: o Cidade de Lugo Club Fluvial e o Muralla de Lugo.

A competición non fixo máis que comezar e a loita estará aberta deica o vindeiro 16 de marzo, día no que se desenvolverá a última proba do duatlón galego de estrada, en Lalín.

O Club Fluvial proclamouse campión por equipos
A nova tempada tamén comezou do mesmo xeito que a anterior, gañando Paco Vázquez, o novo rival a bater. Detrás del entraron na meta os duatletas do Cidade de Lugo, Emilio Montilla e Jesús Gomar (actual campión galego). Os tempos de Montilla e Gomar, sumados aos do 5º clasificado, o Sub23 Manuel Piñeiro, valéronlle ao Cidade de Lugo para proclamarse gañador por equipos.

Na carreira das mulleres destacou Aida Valiño (Cidade de Lugo), quen venceu con autoridade á gañadora do circuíto o ano pasado, Margarita Pérez do Muralla. O segmento ciclista foi definitivo para estabelecer as diferenzas entre as dúas duatletas. O cuarto posto de Melina Alonso, e o sétimo de Nera Castro outorgáronlle ao Cidade de Lugo a vitoria por equipos.

En cadete masculino Francisco Gonzalez Gesto quedou de primeiro; Melina Alonso tamén foi primeiro en cadete feminino; e Óscar Vicente e Víctor Fernandez foron os dous primeiros da proba júnior masculina.
A competición continúa vindeira fin de semana en Lugo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: