Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Si, pero con censura

Haberá blogoatletas en Beixín 2008

É a primeira vez que se lles permite aos deportistas que participan nunhas Olimpiadas escribir as súas impresións nas bitácoras propias, mais hai certas restricións.

Redacción - 12:45 19/02/2008

Os blogs non oficiais sobre os XXOO comezaron a se empregar masivamente nos de Atenas 2004, e, a seguir, nos Xogos de Inverno de Turín. Nos anos anteriores, o COI tíñalles prohibido aos deportistas que participasen nuns xogos olímpicos, introducir calquera material de audio ou de vídeo nos seus propios blogs.

Mais este ano a máxima entidade do deporte olímpico mundial vai permitir que os atletas conten a súa experiencia nos seus blogs, sempre e cando sigan unhas directrices, pautadas polo COI para asegurar o cumprimento dos dereitos de autor.

Se se pon información persoal, pode ser

O COI permite, por primeira vez, o emprego de blogs cando neles o deportista se limite a introducir contidos de elaboración propia, relacionados coa súa experiencia olímpica. Neste sentido, non se poderá introducir información sobre outros deportistas.

Este organismo tamén considerou, nun seu comunicado, ás bitácoras como unha forma lexítima de expresión persoal, e non un xeito de facer xornalismo.

Blogs con "bo gusto"
Temendo que os xogos se convertan nun acontecemento "altamente politizado", sendo China un país cuestionado a nivel internacional en materia de dereitos humanos (tamén o seu tratamento das persoas disidentes ao réxime e polos seus vínculos con Sudán), o COI decidiu crear unhas directrices para o uso dos blogs durante as Olimpiadas. A máis destacada di que os atletas non deben participar en manifestación políticas.

Neste sentido, hai xa tempo que se vén limitando a liberdade de expresión dos atletas, en relación ás políticas chinesas. De feito, algúns comités olímpicos europeos foron acusados de tratar de impedir que os atletas falasen sobre cuestións como o conflito de Darfur.

Isto, sumado ás innumerábeis denuncias por revenda de entradas e contaminación en Beixín, comezan a estragar o panorama olímpico a uns meses do comezo dos xogos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Campaña de denuncia de Reporteiros sen Fronteiras
Campaña de denuncia de Reporteiros sen Fronteiras
Máis campañas polo respecto dos dereitos humanos en China. Estas son de Amnistía Internacional
Máis campañas polo respecto dos dereitos humanos en China. Estas son de Amnistía Internacional