Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
TIÑA 45 ANOS

Morreu Emilio McGregor

Dirixiu varias tempadas de 'Mareas Vivas' e 'Terra de Miranda' e participou en 'Hai que Botalos' con dúas curtas.

Redacción - 12:20 19/02/2008

Emilio McGregor naceu en México en 1962, fillo do actor Eduardo McGregor. A primeiros dos setenta, instalouse en Madrid, onde estudou Fotografía e Filosofía, mergullándose de cheo no inquieto ambiente cultural dos oitenta: na música, a fotografía e o vídeo. En 1999 chegou a Galiza e dende entón converteuse nunha peza clave na profesionalización da ficción televisiva galega.

Dirixiu series producidas en Galiza como Nada es para siempre, Terras de Miranda e Mareas vivas. Desta última chegou a dirixir 110 capítulos e asumiu a produción executiva de varias tempadas. Así mesmo, formou parte da Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA) e participou no proxecto colectivo Hai que Botalos con dúas curtas, O que dis que din e Lume e fume.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: