Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
No torneo aberto do Lacón, en Cervo

A Conferencia Sur estréase con forza na Liga Nacional de Billarda

O norte mesmo da Mariña acolleu a xa internacional serpe multicolor da LNB, cun pavillón a rebentar e cun barullo atronador. Velaquí a crónica d'O Varal.

Redacción - 17:45 18/02/2008
O calvete, coa camisola do Sporting Petapouco, equipo da Conferencia NorLeste

O calvete, coa camisola do Sporting Petapouco, equipo da Conferencia NorLeste

Cervo acolleu cos brazos abertos a cada vez maior e internacional Liga Nacional de Billarda, no xa mítico Torneo Aberto do Lacón, que tomou, desta volta, segundo nos contan dende O Varal, "un cariz case épico, sobre todo polo xeito no que se decidiu o triunfador do salgado alimento": David.

Foi el quen, chegado de Celeiro de Mariñaos (Barreiros), e cunha camisola na que se podía ler unha explosiva declaración de principios, "A Maradona divide", arrasou literalmente, primeiro ante o explosivo e novo All Star, Xosiño, e despois contra Moisés, da Conferencia Sur (que se estreaba na Auténtica). A súper final foi entre David e Hugo e, despois dun empate de varados, foi David quen ficou coa pata de atrás do porco.

O bautismo mariñao da Conferencia Sur da LNB
A Conferencia Sur estreouse este domingo con forza na Auténtica. Esta edición do Torneo do Lacón tiña trazos históricos para a LNB, porque chegaban do sur Moisés e Rubén, encabezando a poderosa expedición de catro pincheiros (á billarda chámaselle pincha por algunhas zonas da comarca de Vigo) que combateron contra os xa expertos palanadores da Mariña de Lugo.

"A LNB continúa deixando semente de vitoria aló por onde pasa!"

Como contan dende O Varal, mentres no Parlamento de Pristina, unilateralmente, se declaraba a independencia da provincia de Cosova, na Coruña arrincaba o cuarto asalto da LNB, Conferencia NorOeste, onde os Electrónicos, como se conta n'O Varal Morse (LNB en tempo real) seguen pisándolle os calcaños aos líderes, Os Xarutos. A clasificación comprímese, pero os 5 varados de diferencia meten presión de cara ao All Star.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O mítico Calvete da LNB con dous dos membros da Conferencia Sur na súa estrea
O mítico Calvete da LNB con dous dos membros da Conferencia Sur na súa estrea
David, sostendo no alto o lacón que acababa de gañar
David, sostendo no alto o lacón que acababa de gañar