Data: Domingo 24 de febreiro. Saída en autobús dende a estación de autobuses de Compostela (marquesiña de acceso de pasaxeiros) ás 9:00
Cómpre anotarse antes do venres 22 de febreiro chamando ao 622033665 ou escribindo a info@verdegaia.org
Prezo: 10 €
Distancia: 9 quilómetros
Duración: 3 horas, incluíndo as paradas en Vilar, Castro de Vilar e no río Lor.
Dificultade: media
Colabora: SOS-Courel
Descripción:
Entraremos no Courel por Monforte - Poboa de Brollón.
A primeira aldea da Serra, o Carballal. Logo faremos unha paradiña no castro de Vilamor, preto da estrada, no medio e medio do Courel, dende onde se domina toda a cunca do Lor, dende o Cebreiro ata a Ribeira Sacra. Fronte a nós, na outra beira o inmenso cráter da canteira da Campa.
Máis abaixo, xunto a Igrexa de Vilamor deixaremos o autobús, e baixaremos un quilómetro e medio ata chegar a ponte que cruza o río Lor.
Dende o río, hai que subir 2 quilómetros ata Vilar, é o tramo máis difícil da ruta. Primeiro o souto, logo a aldea e no medio o museo etnográfico de Xan de Vilar, sen axudas oficiais.
Outro quilómetro e xa estamos na Capela de San Roque, tamén entramos polo Castro adiante, que fai equilibrio sobre o abismo.
Volvemos o camiño. Logo de baixar 3 quilómetros, chegamos a Vitoreira (a pena do voitre), inmenso farallón vertical que cae sobre o río, antigo cubil de todo bicho alado, aguias, bufos, falcóns, .... Camiño moi xusto entre a rocha e o precipicio.
Outro quilómetro, e volvemos estar no río, na praia de Froxán, na ponte de Castroportela.
Logo subiremos a modiño cincocentos metros ata Froxán.