Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
QUE QUERES SER DE MAIOR?

Xuventudes Socialistas parodia o PP nun vídeo ambientado nunha escola infantil

A montaxe parodia os desexos de futuro de varios políticos populares e contrástaos coa actitude de "presidente" de Rodríguez Zapatero.

Redacción - 14:24 18/02/2008
Imaxe de "Marianiño"

Imaxe de "Marianiño"

Xuventudes Socialistas de Galicia presentou un novo vídeo que parodia o Partido Popular e enxalza a figura de Zapatero. Na peza, titulada "E ti... que queres ser de maior?" aparecen diversas figuras do PP nunha escola infantil contándolle á mestra o que queren ser de grandes. O vídeo está en galego con subtítulos en castelán.

Marianiño di que quere ser físico "como o seu primo"; Ángel aspira a ser "actor", para que non o pillen cando minta; Manoliño quere ser "cazador", e José Mari, "patriota, escritor e políglota". Con estas actitudes contrasta a de José Luis, que quere ser "presidente e non fallar nunca".

Segundo XSG, o vídeo pretende mobilizar a mocidade de cara ao 9-M e contrarrestar "a crispación" do Partido Popular. Segundo afirmou a secretaria da formación xuvenil, Loli Rodríguez, "non se pretende molestar a ninguén". Tamén anunciou a posta en marcha doutra campaña "en clave de humor" a través de cuñas radiofónicas.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: