O músico neoyorkino, que vén de publicar o seu último disco 'Love Revolution', actuará ao día seguinte en Lisboa, e no verán en Bilbao, Madrid e Badalona.
Vigo e Nova York están un ao carón do outro, un fronte ao outro, separados an só polo Océano Atlántico. O neoyorkino Lenny Kravitz abrirá na cidade olívica o 29 de maio a súa xira europea, coa que durante todo o verán presentará o seu último disco, Love Revolution. O concerto será o 29 de maio non Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), un recinto pechado para evitar posíbeis suspensións produto do mal tempo. Kravitz estará ao día seguinte en Lisboa, e xa en xullo visitará Bilbao, e en agosto Madrid e Badalona.
It is time for a Love Revolution é o noveno álbum do artista, e está nas tendas dende o 5 de febreiro.