Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FERVE A REDE

Chegamos ao relato número 69

Van cinco días de concurso e a resposta dos lectores de Vieiros está sendo sensacional. Boa lectura para a fin de semana.

Redacción - 09:24 17/02/2008

Os textos son variados: hainos máis directos, e outros que apostan polo simbolismo; hainos graciosos e hainos poéticos; hai quen espreme os 550 caracteres, e hai a quen lle abondou cunha liña. Como mostra, velaquí algunha das frases xeniais que xa van compoñendo unha obra colectiva, quente, atrevida, e en permanente construción: E que eu, como Celso Emilio, quéroa longa, e de pedra; ou As miñas mans teñen debilidade polos teus peitos, córreste e fas que me corra, bícasme na fronte, marchas ao traballo; ou, por exemplo, Unha hora, dous minutos, non me importa, pero trágame, dixiéreme e vomítame de novo o mundo cunha pel doutra cor.

Tamén atopamos textos que xa van pensando na Semana Santa: Nélida achou que as saias negras de home casado con Cristo de don Leandro combinaban ben coas súas saias negras de viúva; ou outros como Esvara as túas mans polo meu corpo, moldéame, faime túa, dáme formas que conteñan pracer, sen recatos, sen pudores, coa simpleza do querer e a urxencia do desexo; ou tamén Matinando en que hai mulleres cuxas entrañas queiman, e que estas case sempre teñen os beizos fríos. Foi naquel momento cando quixen multiplicarme, converterme en todos os homes que algunha vez te amaron.

Os votos dos lectores
Aínda que o gañador final será decidido por un xurado, as votacións serven para ver que relatos gustan máis, exercendo os lectores de Vieiros como críticos. Torreira e Ole dispútanse os primeiros postos entre os textos mellor valorados, aínda que Eivinchi, Xaciabranca, Xandrafreire, Eunonsonpessoa e Fadanuska non lles andan lonxe. Os microrrelatos seguen chegando a bo ritmo, ao redor de dez cada día, cun récord para martes e mércores, cando
se publicaron case vinte.

Pois iso, van 69. Como escribiu Breixoak nun dos relatos (69 mon amour), Quen dixo que o bilingüismo harmónico non é posible?


4,43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: