Os coruñeses, liderados por José Ramón, derrotaron ao Barça por 7-5 nun pavillón ateigado.
Songo'o, Naybet, Jaime, Fran, Elduayen, Radchenko, José Ramón... O Superdépor segue en forma quince anos despois e segue atraendo aos deportivistas, que este venres encheron o pavillón de Riazor para ver a vitoria dos veteranos do Dépor fronte ao Barça, por 7 goles a 5. O público, entusiasmado cos homes dirixidos por Arsenio, acabou facendo a ola. Fran, capitán do equipo, cedeulle o protagonismo ao seu irmán José Ramón, que anotou tres goles.
O Dépor suma así a súa segunda vitoria na Liga Indoor, xa que a semana pasada venceron en Euskadi ao Atlétic de Bilbao.
Os goles
Primera parte. min. 8 1-0 José Ramón; min. 9 1-1 Albert Tomás; min. 10 2-1 José Ramón; min. 11 2-2 Barbará; min 13 José Ramón 3 -2; min. 20 Joan Barbará; min. 26 3-4 Oscar García.
Segunda parte. min. 3 4-4 Manuel; min. 19 5-4 Manuel; min.20 6-4 Manuel; min. 24 6 -5 Barberá; min. 26 7-5 José Ramón.
Os equipos
Deportivo
Titulares: 1 Songo'o, 25 Naybet, 5 Jaime, 7 Manuel, 10 Fran (cap.)
Tamén xogaron: 22 Elduayen, 3 Vituco, 9 Radchenko, 19 Chema, 8 José Ramón.
F.C.Barcelona
Titulares: 1 Busquets, 3 Villena, 4 Luis Milla (cap.), 8 Óscar García, Joan Barbará, Delfí Geli, 15 Albert Tomás.
Tamén xogaron: 18 Blanquera, 17 Delfí Geli, 10 Barberá.