Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
EXPOSICIÓN EN NEDA

Natureza Artificial, arte nova

Gustavo Sequeiro inaugura unha mostra na vila ferrolterrá que mestura plástica contemporánea e ambientacións musicais de vangarda.

Redacción - 10:17 16/02/2008

Natureza Artificial é unha proposta conxunta de pintura e música contemporánea, cunha mirada á natureza, creando paisaxes plasticas e sonoras. O autor, o novo artista ferrolán Gustavo Sequeiro, está acompañado de Sérgio Sequeiro, que se ocupara de crear as ambientación musicais que acompañarán a mostra, unha longa e coidada ambientación musical que acompaña e completa unha aposta plástica que se move entre a creación de texturas e a abordaxe do figurativo.

A inauguración, que comezará ás nove da noite deste sábado, consistirá nunha sesión cos temas da montaxe pinchados o vivo, ademais dun pincho e unha pequena festa que desacralizará por breves momentos o espazo da contemplación artística. A mostra permanecerá aberta na Casa das Palmeiras de Neda até o 23 de febreiro.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: