Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A GRELLA: XOGOS, FOROS E ENCONTROS

Os nenos tamén teñen o seu propio universo virtual

As webs inspiradas en Second Life queren seducir aos nenos e adolescentes

Redacción - 13:40 13/02/2008

Decorados en 3D, personaxes animados, conversas instantáneas: a fórmula dos mundos virtuais como World of Warcraft ou Second Life inspira webs para os nenos e os adolescentes.

Tamén permiten establecer ligazóns e discutir con outros participantes. Piden prestados ao universo personaxes de debuxos animados, e inscríbense nunha lóxica de xogo en liña, mesmo se non hai xogo que xogar.

O fundamental é descubrir os espazos imaxinados polos creadores, personalizar o seu aloxamento ou ao seu personaxe, e discutir con outros membros.

Aparecidos a principios dos anos 2000 nos países anglosaxóns e asiáticos, os universos virtuais para nenos tenden a especializarse por idade ou por contido. Webkinz e Neopets, por exemplo, permiten adoptar e educar un animal de compañía virtual e funde aos seus usuarios no mundo da música e as discotecas.

Gaia Online explota a estética dos mangas, mentres que Club Penguin representa a cada xogador en forma dun pingüino.

Algúns destes sitios, como barbiegirls.com, permite aos mozos rapazas personificar unha boneca Barbie virtual. A inscrición é gratuíta pero varias funcións non están abertas ata despois da compra dun casete de peto MP3 a 50 euros. O seu competidor Bratz contrataca con be-bratz.com, un universo virtual consagrado ás súas bonecas. Alí, cunha clave USB, proporcionada coa compra dunha boneca, permite acceder ás funcións do sitio.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: