O cubano celebra o décimo aniversario da gravación de 'Buena Vista Social Club' cun concerto no Coliseum ante 1500 persoas.
Mentres boa parte da cultura galega está na Habana, representando ao país na Feira Internacional do Libro, un cubano ilustre, Elíades Ochoa, está de xira por Galiza. Cúmprense dez anos da gravación do disco Buena Vista Social Club, que leva vendidos máis de dez millóns de copias e que obtivo o Premio Grammy e que en 1999 deu lugar ao filme homónimo de Win Wenders. Por iso, no coliseo soarán temas como Chan Chan, El Cuarto de Tula ou El Carretero, base do histórico álbum que fixo mundialmente coñecido a Ochoa.
O concerto comezará ás 21.30 horas e as entradas poden mercarse na billeteira do recinto, así coma na Praza de Ourense, a un preso de 15 ou 20 euros. O Coliseum será acotado para esta ocasión, limitando a súa capacidade a 1500 persoas ao redor do escenario.