Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CENTRO CULTURAL CAIXANOVA ÁS 20.30

Rodrigo Leão repasa a súa carreira en Vigo

O antigo integrante de Madredeus chega a Galiza con Cinema Ensemble para ofrecer unha retrospectiva dos seus 25 anos de carreira.

Redacción - 12:25 13/02/2008

A carreira musical de Rodrigo Leão comezou nos anos 80 como membro fundador de proxectos musicais como Madredeus e Sétima Legião, pero nos anos noventa lanzou os seus primeiros álbumes en solitario. Ave Mundi Luminar, Theatrum e Alma Mater foros moi ben recibidos pola crítica e o público portugués, mais foi Paixón, un disco recompilatorio gravado en directo, o que o colocou no ceo da música lusa, cun éxito rotundo en vendas e premios. En 2004 publicaou Cinema, disco que foi cualificado como "a banda sonora das nosas vidas" e que contou coa colaboración de Rosa Passos, Beth Gibbons (Portishead), Helena Noguerra, Sónia Tavares (The Gift) e Ryuichi Sakamoto.

Rodrigo Leão leva un ano presentando en directo o seu novo espectáculo xunto ao Cinema Ensemble. Neste recital, baseado no seu novo álbum O Mundo (1993-2006), Rodrigo fai unha retrospectiva da súa carreira en solitario, incorporando tamén os temas que creou para Sétima Legião ou Madredeus.

O concerto comezará ás oito e media no Centro Cultural Caixanova de Vigo, e ten un prezo de dez euros.

[youtube]CLrvlXgZbz4|320|260[youtube/]Voltar (con Ana Vieira)


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: