Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Hóckei patíns

O Coinasa loitará polo pase aos cuartos de final da Liga Europea

Xogan contra os cataláns do Noia. Os dous queren o pasaporte á seguinte fase, pero se os coruñeses gañan, pasan sen máis. Os empates e as derrotas non se contemplan.

Redacción - 13:25 12/02/2008
O Coinasa Liceo

O Coinasa Liceo

Os dous equipos están igualados a puntos (9) no Grupo D, pero como o conxunto herculino gañou a pasada fin de semana contra o Vic, no último minuto, veríase favorecido de haber un empate final a puntos co Noia Freixenet, no caso de empatar esta fin de semana.

Se gañan os do Liceo pasan directamente aos cuartos de final, e se perden terán que agardar até o último partido, previsto para o vindeiro 15 de marzo, para computar todos os puntos.

O último e decisivo partido

Na última xornada dos oitavos de final da Liga Europea, o Coinasa Liceo xogará na casa fronte ao Barcelos, mentres os cataláns do Noia Freixenet terán que enfrontarse, lonxe da súa cancha, co Bassano italiano.

É a segunda estraña final da tempada para o equipo coruñés. A primeiro xogouna contra o Lleida na última xornada da primeira volta da Liga OK, nun partido que tiña que gañar para asegurar a súa participación na Copa. Naquela altura venceu pola mínima, e subiu deica o sétimo posto, optando a un posto para xogar o torneo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: