Polo de agora, estas foron as medallas conseguidas. Batéronse plusmarcas galegas e atletas coma Paula Mayobre ou Sandra Mosquera volveron ao primeiro plano.
Os atletas galegos trouxeron, polo de agora (a competición segue no velódromo de Anoeta, en Donosti), 6 medallas do Campionato Estatal Júnior.
Unha das de ouro foi para José A. Palomares, que conseguiu un novo título e, de paso, a mellor marca galega de 15,45 metros no triplo salto. Outra foi para a ferrolá Paula Mayobre, que se proclamou campioa dos 3.000 metros; e Sandra Mosquera venceu "brillantemente" (din dende a Federación Galega), nos 1.500 metros (a terceira medalla de ouro).
Alba Liñares levou dúas medallas de bronce (en 60 metros valados e en salto de altura); e a velocista Lidia Remuiñán levou o outro bronce galego nos 60 metros lisos, e pesar da súa saída accidentada.