Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
Xerais08

"No canto de falar dos problemas da xente falan dos problemas de PP e PSOE"

"Que digan si ou non, se pensan solucionar o escándalo do voto emigrante", desafiou o voceiro nacional do BNG ao resto de líderes políticos.

Redacción - 09:00 11/02/2008

"Se eles non queren cambiar isto, quizais é porque queren seguir beneficiándose da situación", laiouse o líder do Bloque. De paso, advertíu de que "se non hai un compromiso agora, levaremos esta cuestión á sesión de investidura". Na opinión de Quintana, o resto de formacións políticas deberan expresar "con claridade" se pensan ou non "en solucionar o escándalo do voto emigrante". Ao respecto, destaco que o BNG acode á cita coas urnas cunha proposta clara: crear unha circunscrición única, depurar o censo e regular as campañas e votacións para garantir a limpeza, con voto en urna.

Durante o mesmo acto en Allariz, o cabeza de lista por Ourense, Iago Tabarés, asegurou que o BNG é a "mellor garantía para evitar a involución no social e para que Galiza e Ourense estean no centro do debate, cos seus problemas e as súas solucións". "Abonda xa de agoiros catastrofistas e apocalípticos", queixouse Tabarés ao respecto do discurso de PSOE e PP, "é o momento de construír, con ilusión e confianza, un estado plurinacional e pluricultural, que defenda os dereitos das persoas e dos pobos a avanzar no autogoberno para poder xestionar os nosos sectores produtivos".


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: