Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO

Cultura e Deputación axilizan o proxecto do Dolmen de Dombate

Na xuntanza acordouse rebaixar a altura do edificio, regresando á concepción orixinal, así como a posta en marcha de medidas urxentes de conservación.

Redacción - 09:00 07/02/2008

A Consellaría de Cultura e Deporte e a Deputación da Coruña chegaron a un acordo para resolver o proxecto do edificio do Dolmen de Dombate nunha reunión á que asistiron o director xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias, un representante do organismo provincial, Gonzalo Prego, e o alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muiño; ademais de varios arqueólogos e arquitectos dos servizos técnicos das dúas institucións.

Na xuntanza acordouse rebaixar a altura do edificio. Polo tanto, a altura desta construción será menor que no último proxecto presentado e o seu deseño farase máis sinxelo e transparente para proporcionarlle un maior protagonismo ao conxunto dos dólmens e os seus elementos asociados e non ao seu contedor. Precisamente vólvese con esta modificación ás ideas contidas no proxecto orixinal que no seu día gañou o concurso convocado pola Deputación, que pretendía que non tivese unha incidencia excesiva ou agresiva para o propio monumento e a súa comprensión e percepción no contorno paisaxístico que o abeira.

Conservación
En canto á conservación, acordouse axilizar unha serie de medidas urxentes para a protección do conxunto do dolmen (incluídos os restos de pintura parietal que se conservan) con carácter provisional mentres non se constrúe o edificio que o cubra e que sirva, ao tempo, de instalación museográfica complementaria.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: