Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MENSAXES GALEGAS PARA A HABANA

Letras inzadas de escuma e saudade

Os primeiros textos enviados a 'Letras de Galicia para Cuba' falan do océano, de retornos e do Malecón. O premio, unha viaxe para dúas persoas.

Redacción - 09:00 07/02/2008

O concurso de microrrelatos organizado pola CRTVG e a Consellaría de Cultura comeza a recibir as súas primeiras creacións. Os primeiros textos falan principalmente do mar, do Océano Atlántico que une Galiza e Cuba: "Viaxes náuticas de raigame", ou "Vagas atlánticas con mensaxes de esperanza na escuma", e falan tamén de retorno, de saudade: "Sexan estas as liñas que nos leven de regreso á illa dos avós: de Santiago a Santiago". Outras das mensaxes céntranse en Cuba, á que mesmo se define como "rapariga que comezou a sorrir os tempos namorados e cos ollos pechados entregouse ao seu destino".

As mensaxes, que se poden enviar até o 12 de febreiro, deben ser breves, de non máis de 160 caracteres (a extensión máxima dunha mensaxe SMS), estar escritas en galego e ter vontade literaria. Os participantes poden deixar os seus microrrelatos na web do concurso ou a través dunha SMS coa palabra 'habana' seguida dun espazo e a mensaxe, ao número 7788. O premio, unha viaxe a Cuba para dúas persoas.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: