Iniciativa conxunta do Consello Empresarial Mundial para o Desenvolvemento Sustentábel e Acción Contra a Pobreza Enerxética apoiada polo Foro Económico Mundial.
"O acceso á enerxía é crucial para o desenvolvemento económico e o progreso social dos países", sinalan desde o Consello Empresarial Mundial para o Desenvolvemento Sustentábel, WBCSD. Trátase dun foro que integra a case duascentas empresas de todo o mundo que se comprometen a adoptar recomendacións en favor do desenvolvemento sustentábel e económico no marco de criterios respectuosos co ambiente.
O WBCSD apoia iniciativas de innovación en diversos ámbitos tecnolóxicos e empresariais que contribúan a eses obxectivos de sustentabilidade. Para este proxecto, o grupo vai da man da plataforma Acción Contra a Pobreza Enerxética, unha alianza de empresas de Suecia, Canadá e Suráfrica formada para o estabelecemento de proxectos que cubran necesidade enerxéticas en países en desenvolvemento e en favor do outorgamento de poder de decisión a administracións locais. Trátase dunha das pequenas concesións nos últimos tempos xurdidas arredor do ámbito do Foro Económico Mundial en favor de ideas afastadas dos estritos criterios economicistas sostidos desde o foro de Davos.