As actividades comezarán en marzo, e terminarán a primeiros de xuño.
O programa Deporte na Escola, elaborado pola Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral para o Deporte, xunto coa Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, oferta 1.040 prazas en actividades destinadas a achegar aos alumnos e alumnas de bacharelato a natureza.
As actividades comezarán a desenvolverse entre o 1 de marzo e o 7 de xuño deste ano. As inscricións xa se poden facer na web de Deporte Escolar, e aquí abaixo, nos documentos adxuntos, pódense consultar as actividades (en pdf).