Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Algúns clubes suman puntos para evitar o descenso e outros aspiran a subir

Vanlle saíndo as cousas ben ao fútbol galego

Dende Vieiros dámosvos o resume da xornada para o fútbol galego de Primeira, de Segunda e de Segunda B.

Redacción - 12:55 04/02/2008
Unha portería / Flickr: Jesús Vidal

Unha portería / Flickr: Jesús Vidal

A situación crítica pola que andaban a pasar algúns dos equipos de fútbol galego vaise superando.

Por exemplo, aí está o Depor, que despois de oito semanas complicadas está xa a só catro puntos da undécima praza (a que o mantería lonxe do descenso), cunha vantaxe dun gol sobre o Murcia. Isto é froito das dúas vitorias consecutivas ante Valladolid e Betis, que axudaron a mudar o rumbo dos branquiazuis, ao sumar, por primeira vez esta tempada, seis puntos seguidos.

En Segunda
Nunha situación parecida está o Celta, que, no canto de evitar o descendenso, podería chegar a ascender, se as cousas seguen como van, con menos de 70 puntos. Isto é, as cousas vanlle ben aos celestes porque lles van mal aos máis. De feito, aínda que perderon esta fin de semana, tamén o fixeron a Real Sociedad e o Sporting, que fan que a terceira praza do ascenso estea cada vez máis preto dos de Vigo.

Nas once tempadas da Segunda División dos 22 equipos, só dúas veces se ascendeu acumulando unha cifra de puntos por baixo dos 70. Esta podería ser a terceira, e o Celta o equipo favorecido. A cousa depende dos outros equipos e dos puntos que vaian sumando os celestes nas 19 xornadas que quedan de liga.

Tamén esta fin de semana se terminou a mala sorte do Racing, que lle gañou ao Poli Ejido de Fernando Castro Santos por 2-0 na Malata. Os ferroláns non gañaban na case dende setembro, e esta vitoria (sumada á da pasada semana fronte ao Castellón) permítelle fuxir da última praza e estar a só un punto de evitar o descenso.

Na Segunda B

O Fabril ou Depor B conseguiu de novo pórse á cabeza da táboa, desprazando ao Pontevedra (que perdeu fronte ao Rayo Vallecano e que vai de segundo na clasificación), ao gañarlle ao San Isidro por 3-1.

O Celta B, o outro equipo galego na categoría, non puido seguir coa boa racha e perdeu fronte ao Vecindario por 3-0. O filial do Celta segue no medio da táboa.

E o Ourense consegue fuxir dos postos de descenso, gañándolle a un rival directo o San Sebastián de los Reyes, por 3-1.

Polo seu lado, o Lugo terminou o partido contra o Atlético B no Ángel Carro con un menos (despois dun desfile de cartóns amarelos) e empatados a uns.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: