Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'NOCTURNA' FAISE CO GOYA

A animación é galega

María Vázquez non tivo sorte e o premio á mellor actriz de reparto foi para Amparo Baró.

Redacción - 11:34 04/02/2008

O cinema de animación no Estado Español comeza a converterse nun monopolio das produtoras e creadores galegos. Nocturna, Unha aventura máxica, dirixida por Víctor Maldonado e Adriá García e producida por Filmax Animation, levou o Premio Goya ao mellor filme de animación, ao que aspiraban tamén Azur y Asmar, Betizu eta urrezko zintzarria, e En busca de la piedra mágica.

Dende que en 1999 Goomer (Filmax) levou o premio, sete dos nove filmes gañadores foron galegos, os cinco últimos de xeito consecutivo. En 2001 foi El Bosque animado (Dygra), en 2003 foi O Cid: A lenda (Filmax), en 2004 P3K: Pinocho 3000 (Filmax), en 2005 O sono dunha noite de San Xoán (Dygra), e en 2006 Pérez, o ratiño dos teus soños (Filmax).

Único premio galego da noite
María Vázquez, que aspiraba a levar o premio á mellor actriz de reparto por Mataharis, foi superada pola veterana Amparo Baró (Sete mesas de billar francés). Tampouco gañou A flor máis grande do mundo, de Juan Pablo Etcheverry, que optaba ao Goya á mellor curta de animación. O premio foi para Tadeo Jones y el sótano maldito, de Enrique Gato Borregán.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: