Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
Xerais08

A batalla de Lugo: optimismo en todas as formacións

O PSOE confía en que Xosé Blanco teña tirón na provincia. O PP espera frear a tendencia decrecente. O BNG esgrime os números das últimas municipais.

Redacción / EP - 09:00 04/02/2008

A proxección mediática do actual secretario de Organización do PSOE, Xosé Blanco, é un dos argumentos que os socialistas pretenden aproveitar cara ao 9 de marzo. Blanco concentrará esforzos na provincia de Lugo, con numerosos actos e cubrindo a maior parte da xeografía luguesa. O PSdeG agarda tamén seguir tirando proveito da feble situación dos rivais do PP despois da caída do tecido cacharrista na provincia. Nas previsións socialistas entra incluso a posibilidade de subir aos tres escanos, deixando ao PP cun só asento en Madrid.

Pero do mesmo xeito, o PP confía en que a fraxilidade do partido na provincia tería marcado hai tempo o seu fondo e que as pasadas eleccións municipais, coa perda da maioría absoluta do PSOE na cidade de Lugo, amosarían un cambio de tendencia. Deste xeito, o prognóstico máis optimista do PPdeG pasaría por ese 3-1 pero a favor dos populares, que consideran que poden aspirar a un ascenso de 15 mil votos que lles daría ese asento e confían no éxito da lista liderada polo ex alcalde lugués Xaquín García Díez.

Pero nese aparente tirapuxa bipartidista abrolla con forza o BNG. Os nacionalistas son conscientes de que a extrapolación dos resultados dos pasados comicios municipais indican a fortaleza do Bloque na provincia. Segundo esa tendencia, apenas 2 mil votos máis serían abondo para apañar por vez primeira un asento no Congreso que ocuparía a número un da lista luguesa, Paz Abraira.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: