Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Arenas fala de "coartada aos nacionalismos"

Chaves apoiará que galego, catalán e éuscaro se poidan estudar en Andalucía

A Conferencia Política do PSOE en Andalucía aprobou unha iniciativa a prol do plurilingüismo que en opinión dos socialistas andaluces aumentaría as oportunidades laborais dos cidadáns.

Redacción - 09:00 04/02/2008

Nese sentido chega a proposta ao programa electoral co que o PSOE acudirá ás eleccións autonómicas en Andalucía. O documento sostén literalmente que o goberno andaluz promoverá o ensino "nas escolas oficiais de idiomas, das linguas españolas oficiais, naqueles casos nos que se dea unha acusada demanda, co obxectivo de facilitar a aqueles andaluces que o requiran pola súa mobilidade laboral".

A emenda incorporada polos socialistas recolle así as suxestiósn realizadas pola Asociación Diversidad y Convivencia, que lle pediu aos partidos políticos que participan nestes comicios, a inclusión de galego, catalán e éuscaro nas escolas oficiais de idiomas. O colectivo tamén considera que se deberían crear cátedras destes idiomas nas universidades andaluzas. En conversa con Vieiros semanas atrás, o presidente do colectivo, José Antonio Sierra, laiábase de que se poida aprender galego en múltiples cidades europeas e non así en ningunha cidade andaluza.

O PP rexeita a iniciativa
Acusando ao PSOE andaluz de proporcionar unha "coartada para o nacionalismo vasco e catalán", o candidato á Junta do PP andaluz, Javier Arenas, subliñou que o interese do seu partido é que os rapaces "saiban moi ben o castelán e o inglés". Arenas fixo burla da proposta socialista e dixo que a iniciativa ten que ver coa "desigualdade de oportunidades" en función da lingua que existe na súa opinión no Estado español.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: