Unha asociación d'A Ponte, en Padrón, pide que se lle recoñeza o principal atractivo das súas festas.
Chegounos a Vieiros un correo no que se nos solicitaba axuda para que a xente saiba das cucañas (un xogo propio, do noso patrimonio, aínda que algo esquecido), para que se lles dea algo de importancia, e, de camiño, poidan ser declaradas ben de interese cultural.
Nunha aldea de Padrón que se chama A Ponte ("que está xusto antes de cruzar o río Ulla cara Cesures. Si, ese lugar entre a Finsa e as casas que están medio derruídas á beira da estrada, por un proxecto tan inútil como interminábel", contan no correo), cada ano nas festas colocan varias cucañas no Ulla. Hai moitísimos anos que as fan (mesmo gardan documentos de comezos do século XX nos que hai referencias ás súas cucañas), pero agora precisan moita máis información sobre o xogo, sobre todo relacionada coa súa zona.
Se conseguisen que lles declarasen as cucañas ben de interese cultural, cos cartos que iso da (que non son moitos) cada ano podería resultar máis doado facer as festas. Por isto vale todo: imaxes, fotografías, recortes de xornais... que se refiran a este xogo tradicional.
Se tedes algo, mandádeo a cocky_daponte@hotmail.com.