Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Esta fin de semana

A billarda invade a Chaira

Do epicentro da Mariña, a serpe multicolor da LNB chega por primeira vez á Terra Cha. Esta semana, ademais, estrean nova banda sonora.

Redacción - 11:25 02/02/2008
Desta volta a banda sonora pona Mafia Gallega

Desta volta a banda sonora pona Mafia Gallega

A LNB continúa imparábel, ultimamente, e segue a se estender por Galiza, chegando por vez primeira á Terra Cha. Será este domingo, no sexto asalto da Conferencia NorLeste da Superliga Galega de Billarda, a Auténtica.

Os palanadores a palanadoras do Cantábrico trasladaranse nun autobús terra adentro. Segundo informan dende O Varal, na mesma guagua que os leve tronará a tope un "tremendo estalo hiphopeiro acabado de guindar no MySpace da LNB". E é que dende Suíza, a banda Mafia Gallega compuxo un tema especialmente para a Auténtica, "para apoiar a gran e imparábel revolución billardeira que se espalla pola Galiza de norte a sur, e de leste e a oeste".

Mafia Gallega son unha crew rapeira, con sede en Xenebra, comandada polo Al Capone da rima, internacionalmente coñecido coma Paco Gallego. Se queredes escoitar este tema, ao que titularon A Billarda, velaí vai:



E se non podedes aparecer polo partido, tamén podedes seguir os resultados que "a metralleta d'OVaralMorse" dispara vía SMS a cada momento. Dende Pastoriza, con conexións ás 17:00 e ás 19:00 horas, cando termine a cousa.


5/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: