Demostrou na pista cunha grande mobilidade e forza nos ataques e repetiu a sorte do último encontro, na liga, contra as xogadoras do UCAM.
O Ponte Ourense de fútbol sala feminino conseguiu eliminar pola mínima ás xogadoras do UCAM Murcia, deixándoas sen opcións para seguir competindo pola Copa.
As galegas impuxeron o seu ritmo en todo momento, e xa aos seis minutos de xogo Andrea encargouse de marcar un gol, e outro despois, ben seguido. Saíndo con velocidade ao contragolpe, as galegas foron gañando terreo ante unhas murcianas ás que lles estaba custando ben sobrepasar a defensa do Ponte.
Ao final as cousas quedaron como segue:
UCAM MURCIA: 4 PONTE OURENSE: 5
UCAM MURCIA: Patry, Ana, Sofía, Irene e María Otero (quinteto inicial). Tamén xogaron, Martika, Fátima, Emi e Miriam. Adestradas por Juan Antonio Ruiz.
PONTE OURENSE: Mónica, Andrea, Bea, Marta e Dolo (quinteto inicial). Tamén xogaron, Yenis, Cris, Luci e Coira. Adestradas por Gonzalo Iglesias.
0-1, min. 3, Andrea.
0-2, min. 14, Bea.
0-3, min. 19, Andrea.
0-4, min. 21, Bea.
0-5, min. 23, Bea.
1-5, min. 28, María Otero.
2-5, min. 33, Ana.
3-5, min. 38, Ana.