Presentouse a finais do mes pasado e este ano é no que máis deportistas teñen: 400, a metade deles cativos e cativas.
O pasado domingo xuntáronse todos os deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal, en Coia (Vigo); era a súa presentación oficial.
Ademais, nesta tempada 2007-2008 conmemoran o seus 25 anos de historia, co maior número de deportistas afiliados en todo este tempo: 400 dos que 200 son cativos e cativas das categorías inferiores. É a meirande canteira de Vigo e unha das maiores de todo o país.
Cada equipo federado e cada escola deportiva foi presentado aos asistentes do acto e aos medios de comunicación, a través dun desfile, os xogadores e xogadoras que compoñen cada equipo, e a cousa terminou cunha gran fotografía de familia, que vos amosamos aquí ao lado.