Nunha xuntanza, desenvolvida esta terza feira, a directora xeral para o Deporte, Marta Souto e os cinco membros do comité escolleron o novo cargo.
Roberto Pérez López é, dende esta terza feira, o presidente do Comité Galego de Xustiza Deportiva, tal e como decidiron os membros do mesmo por unanimidade.
Pérez, que xa formaba parte do anterior CGXD, é letrado da Seguridade Social e da Xunta e avogado non exercente da Coruña.
Os integrantes do CGXD
A constitución do Comité Galego de Xustiza Deportiva saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado día 22 de xaneiro. Os integrantes son cinco, dous deles elixidos polas federacións deportivas (Esther Blanco Piay e Alberte Xullo Rodríguez Feixoo), mentres que a Dirección Xeral para o Deporte nomea a tres integrantes (Roberto Pérez López, Ángel Luis Rebolledo Varela e César López Gil Otero).
Esther Blanco é avogada en exercicio en Pontevedra; César López é un avogado en exercicio en Vigo; Alberte Rodríguez é avogado en exercicio de Lugo, mentres que Ángel Luis Rebolledo é catedrático en dereito civil e avogado non exercente de Compostela.