Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Un 6,4% máis de sinistros laborais

Máis de 51 mil accidentes de traballo o ano pasado

Desde a secretaría de Saúde Laboral de Comisións Obreiras sinalan que nos últimos doce meses se produciron até 3.284 accidentes máis ca en 2006.

Redacción - 09:00 30/01/2008

Industria e servizos concentran case sete de cada 10 accidentes laborais (o 68,34%) con 17.660 e 17.802 sinistros, respectivamente. Perto deles aparece a construción, con 13.317. O total: 51.852 accidentes en 2007, fronte aos 48.658 de 2006. Ademais, incrementouse o índice de incidencia nun 1,62%, isto é, a ratio entre poboación afiliada e número total de accidentes, que pasou de 5.771,03 a 5.864,74.

Por provincias, A Coruña e Pontevedra suman 8 de cada 10 sinistros. Na primeira contabilizáronse 21.556 (o 41,57%) e na segunda 20.967 (o 40,43%). Pola súa banda, Lugo rexistrou 4.851 (9,39%) e Ourense 4.458 (8,6%). Desde CCOO advirten de que o incremento se produciu en todas agás en Pontevedra, onde houbo unha pequena redución do 0,53%. En Lugo o aumento da sinistralidade chegou ao 7,22%, en Ourense un 5,93% e na Coruña un 3,93%.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: