O Concello de Ferrol e o Coro Toxos e Froles realizaron unha ofrenda floral na tumba do escritor, no cemiterio de Serantes.
O Concello de Ferrol conmemorará en ano 2010 o centenario do nacemento de Gonzalo Torrente Ballester con diversos actos culturais. Yolanda Díaz, concelleira de Cultura da cidade fixo o anuncio no transcurso na homenaxe que este martes se realizou no cemiterio de Serantes, onde está soterrado Torrente, e que estivo organizado polo propio consistorio ferrolán e o coro Toxos e Froles. Segundo Yolanda Díaz no 2010 "a cidade de Ferrol festexará o nacemento dunha das grandes figuras da literatura universal". Ademais, o Goberno local impulsará a creación dunha ruta "torrentiana" que transcorra polos principais lugares que marcaron a vida de Torrente Ballester e que se reflicten en gran parte da súa obra literaria.
Este ano 2008 cúmprense, ademais, 70 anos da publicación da primeira obra literaria de Torrente Ballester. Trátase dunha peza de teatro que, segundo recordou Yolanda Díaz, no seu momento recibiu unha "crítica nefasta".