A galería Sargadelos de Barcelona expón unha mostra de fotografías sobre a última guerra líbano-israelí.
No 2006, Marc Casal e Ziad Antar cubriron a derradeira guerra líbano-israelí e dirixiron os seus obxectivos fotográficos cara ós terribles sucesos. As súas imaxes danos unha visión dende dúas perspectivas culturais e dous estilos fotográficos diferentes.
Marc Casal (Escaldes, Andorra) retrata en branco e negro paisaxes marcados pola destrución e persoas co único obxecto que puideron salvar das explosións. Ziad Antar (Saida, Líbano) usa a cor para documentar os produtos cotiáns dunha casa e dos que sobreviviron á guerra, os rostros dos nenos refuxiados e as persoas xunto ás súas casas destruídas.
O resultado son 43 fotografías divididas en 6 series que ocuparán a sala de exposicións de Sargadelos Barcelona (Provença, 276) dende o 31 de xaneiro ata o 2 de marzo. A inauguración será o xoves 31 de xaneiro ás 20 h e haberá un cátering con produtos libaneses.
Exposición de fotografía: Documentando a memoria.
Fotografías sobre a última guerra líbano-israelí.
Autores: Marc Casal e Ziad Antar.
Inauguración: xoves, 31 de xaneiro, 20 h
Ata o 2 de marzo de 2008.
Galería Sargadelos Barcelona
C/ Provença 276, 08008
Tlf./Fax: 93 2150368