Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
INTERCAMBIO DE ARQUIVOS

Paulo Coelho confesa que ofrece os seus libros 'piratas' na internet

Segundo o escritor brasileiro, permitirlles aos lectores acceder de balde ás súas obras ten como consecuencia un aumento das vendas.

Redacción - 12:05 28/01/2008
Coelho, durante a conferencia

Coelho, durante a conferencia

O escritor brasileiro Paulo Coelho confesou que é el o que está detrás da filtración dos seus libros ás redes de intercambio de arquivos. Nunha conferencia que impartiu en Múnic, nas xornadas Digital, Life, Design, Coelho dixo que permitir o troco de copias dixitais das súas obras fíxolle aumentar as vendas.

Como mostra diso, citou como o feito de pendurar a tradución ao ruso d'O alquimista fixo que pasase de vender mil copias ao ano a facer 100.000 e mesmo un millón: "Creo que iso é fantástico. Dáslle ao lector a posibilidade de ler os teus libros e escoller se os quere mercar ou non", explicou o escritor, "así que fun a BitTorrent, compilei todas as miñas edicións piratas... e creei o sitio chamado Pirate Coelho (o Coelho pirata)".

Coelho está convencido de que a distribución de copias de balde dos seus libros beneficia as vendas, pero existe un problema coas leis de copyright: precisa o permiso dos seus tradutores para compartir os seus libros noutras linguas. O autor pasou de sementar torrentes dos seus libros a crear o blog Pirate Coelho en Wordpress.com, onde inclúe ligazóns das súas obras a diversas redes P2P e servidores FTP: "Créano ou non, as vendas do libro incrementáronse moito grazas ao sitio Pirate Coelho".


Ligazóns

3/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: