Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No pleno deste xoves en Sada

Retirada definitiva dos "honores" a Franco e lembranza de Fernández Pita

Ao tempo que se asinaba a fin das mencións ao ditador, acordábase declarar "alcalde honorario"a Antonio Fernández Pita, rexedor fusilado en 1936.

Redacción - 09:00 25/01/2008

Nin "Fillo Adoptivo" nin "Alcalde Honorario" nin "Medalla de Ouro" da vila. Todas as mencións honoríficas que no seu momento se lle concederan en Sada ao ditador Francisco Franco fóronlle retiradas no pleno deste xoves.

O Concello de Sada aprobara os títulos de homenaxe a Franco en abril de 1944. En 2003, o goberno daquela presidido tamén por López Soto, do BNG, acordara mudar os nomes das rúas que facían referencia á ditadura. A volta pouco despois á alcaldía de Ramón Rodríguez Ares, quen era coñecido por fachendear de ter colgada no despacho unha foto de Franco, freara a continuación dos cambios, que incluían a retirada das placas alusivas á ditadura que aínda quedaban no concello.

De xeito paralelo, o goberno local iniciará agora o expediente para a declaración de "Alcalde Honorario" a título póstumo de Antonio Fernández Pita, ex rexedor local sadense republicano fusilado no ano 1936, despois da iniciativa ao respecto da Agrupación Sada Unida.


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: