Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Informe económico 2007

Touriño: "En ningún caso se pode falar de recesión na economía galega"

Afirma que quen o faga "tenta manipular á opinión pública". Porén, admite que Galiza afronta "certo nivel de moderación do ritmo de crecemento".

Redacción - 18:10 24/01/2008

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, advertiu este xoves de que "en ningún caso se pode falar de recesión" na economía galega e considerou que "quen fale de crise" cunha previsión de crecemento para 2008 en torno ao 3%, "tenta manipular á opinión pública".

Na conferencia de prensa posterior ao Consello da Xunta, o xefe do Executivo avisou de que utilizar o termo crise é "sementar desconfianza, que é a herba máis perversa en materia económica". "Unha cousa é ter a luz de alarma acesa e outra distinta é o alarmismo, que pode ter consecuencias malas," indicou.

No entanto, Touriño recoñeceu que tamén a economía galega "afronta certo nivel de moderación do ritmo de crecemento" que, de feito, xa se produciu no último trimestre do ano 2007.

"Os últimos acontecementos prognostican unha desaceleración", sinalou, aínda que recordou que é unha tónica a nivel mundial, derivada dos problemas da economía estadounidense, polo que tamén vai afectar a Galiza, que é "altamente sensible aos avatares externos".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: