Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Comezou a galeguización das federacións

"Canastra" para o galego

O presidente da Federación Galega de Baloncesto reuniuse coa secretaria xeral de Política Lingüística para lle dar pulo ao galego no seu deporte.

Redacción - 14:00 24/01/2008
Cabeceiro da web do FGB

Cabeceiro da web do FGB

O presidente da FGB, Francisco Martín, foi recibido esta cuarta feira por Marisol López, secretaria xeral de Política Lingüística, para traballar xuntos dentro do Plan xeral de normalización da lingua galega, tamén no baloncesto.

Desde que comezou o seu proceso de revisión identitaria, a FGB, segundo contan, "quérese converter na entidade deportiva que se precisa en Galiza como símbolo do país". En coherencia con esta súa nova identidade corporativa, a FGB asumiu o sinal de identidade dos galegos: a nosa lingua.

As federacións comezan a se comprometer co uso do galego
Nesta estratexia, Francisco Martín falou con Marisol López e comezou un traballo que vai tentar converter o eido deportivo do baloncesto nun espazo de uso xeneralizado e normalizado do galego, segundo contan dende a FEB, facendo un traballo para que o galego sexa a lingua natural do baloncesto, a ferramenta do cambio social. Para isto vaise promover unha "visión afable, moderna e útil" del, "esfarelando prexuízos, reforzando e a súa estima e aumentando a súa demanda".


5/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Martín e Marisol López, durante a xuntanza
Martín e Marisol López, durante a xuntanza
Dúas imaxes do baloncesto galego. As mulleres e os homes de Galiza, nos seus partidos contra Cuba
Dúas imaxes do baloncesto galego. As mulleres e os homes de Galiza, nos seus partidos contra Cuba