Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CARTOGRAFÍA, CD OU DVD

Varios sitios de internet permiten actualizar os GPS

Adaptacións de rúas peonís e rotondas, novos únicos sentidos: as vías publicas cambian regularmente. De aí a necesidade de actualizar os datos cartográficos dos navegadores GPS

Redacción - 13:17 23/01/2008

Varias solucións responden a estas necesidades. TomTom propón a descarga dos mapas de varias rexións e países. Para facilitar esta operación, o fabricante aconsella instalar o programa informático gratuíto TomTom Home (para Mac e PC), facilitado co navegador. Unha conectado vez o aparello por USB ao ordenador, o programa informático conéctase a Internet para proporcionar a lista das tarxetas que deben comprarse. En función do modelo, os prezos oscilan entre os 60 e os 200 euros.

Navman non propón a descarga de cartografía, senón a dos CD´s que deben encargarse. Varían entre 80 e 150 euros, segundo os mapas, en función de se cobren unha rexión, un ou máis países, ou un continente.

Os usuarios de Garmin que abriron unha conta MyGarmin poden encargar a actualización no seu sitio de Internet. Trátase dun DVD para ordenador que non pode executarse ata despois de ter activado un código de desbloqueo.

No sitio web de Mio, a cartografía suminístrase en forma de tarxetas intelixentes. É necesario ir á súa web, clicar en e-shop, logo elixir Maps & Upgrade. Os prezos oscilan entre 80 e 125 euros, segundo a rexión cuberta pola cartografía, máis cos gastos de entrega que poden acadar os 20 euros.

O mesmo ocorre con ViaMichelin: é necesario abrir de antemán unha conta na web. As cartografías que deben encargarse en forma de mapas SD e de DVD-ROM inclúen as novas versións electrónicas das Guías vermella e verde de Michelin. Custa desde 79 euros para o mapa de España ou outro país europeo, e ata 180 euros para Europa.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: